VENTONOSO
Uso sostible da enerxía e dos recursos na sociedade
Calquera enerxía, independentemente do seu tipo, ben sexa procedente de fontes renovables ou de combustibles fósiles, provén da natureza. A auga é o medio no que se desenvolve a vida, e o solo, como soporte físico e fonte de elementos nutritivos, constitúe un elemento fundamental para o correcto crecemento e a boa produción de calquera especie vexetal.
MOTIVO DO PROXECTO
Os seres humanos estamos a esgotar os recursos naturais do planeta, e os niveis de calidade de vida empezarán a declinar cara ao ano 2030 a menos que se tomen medidas inmediatas. O Fondo Mundial para a Natureza (WWF) advirte que a actual sobreexplotación dos recursos naturais está a xerar un enorme déficit, xa que cada ano consómese un 20% máis dos que se poden rexenerar.
OBXECTIVO
Informar á poboación da provincia de Pontevedra sobre o uso sostible da enerxía e dos recursos naturais na sociedade, para sensibilizar sobre a necesidade de facer un uso sostible da enerxía, a auga e o solo, a través de boas prácticas que o fomenten.
ACCIONS
-
Encontros informativos abiertos
-
Canle divulga-social
-
Soporte divulgativo
-
Canle informativa
DESTINATARIOS
As accións deste proxecto están destinadas a toda a poboación en xeral da provincia de Pontevedra.