top of page

PROGRAMA DE ASESORAMENTO A PROPIETARIOS E POBOACIÓN XERAL AFECTADA POLA IMPLANTACIÓN DE PARQUES EÓLICOS NOS CONCELLOS RURAIS DA PROVINCIA DE LUGO

IMG_20160712_130448 (1).jpg
pastilla depu lugo.jpg

Introdución

Os fitos previstos, no Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima e na Estratexia a Longo Prazo para unha Economía Española Moderna, Competitiva e Climáticamente Neutra, de redución de emisións do 55% de aquí ao 2030 e o obxectivo de que a UE sexa climaticamente neutra de aquí a 2050, prevee que se multipliquen as instalacións de enerxías renovables nos distintos territorios para acadar este obxectivos.

Segundo a Asociación Eólica de Galicia, aos 187 parques instalados no 2021 que supoñían 3.897 megavatios, vanse sumar 75 proxectos eólicos, autorizados pola Xunta de Galicia en xaneiro de 2023, que suporán 1.961 megavatios de potencia.

Os proxectos que obtiveron da Xunta e do Estado declaracións de impacto ambiental favorable pode supoñer un despregamento duns 1.000 MW con impacto no territorio lucense.

De aquí a 2025 están proxectados 13 parques na provincia de Lugo. A eles sumaranse outros 5 que tamén afectarán ao territorio ourensá e 4 fronteirizos con Pontevedra. En total, estes 22 proxectos suman uns 666 MW. Tras a obtención da DIA, os promotores dispoñen de 3 meses para lograr a autorización administrativa previa. En paralelo, empeza a correr o prazo de 6 meses para conseguir o permiso de construción e explotación definitivo que en Galicia outorga a Dirección Xeral de Planificación Enerxética.

plan sectorial eólico de galicia.jpg

A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria os 13 parques eólicos situados íntegramente na provincia de Lugo co obxectivo de estimular a actividade económica e atraer novas iniciativas empresariais e facilitar as inversións, o que permite reducir á metade os prazos para tramitar estes proxectos.

Polo anteriormente descrito é de importante relevancia o desenvolvemento de programas encamiñados ao desenvolvemento da enerxía eólica en Galicia, polo cal a entidade VENTO NOSO traballa dende hai varios anos asesorando e informando a concellos, propietarios afectados e público en xeral, en multitude de aspectos de especial relevancia no que a potencia eólica e parques eólicos se refire, co obxectivo de mellorar a vida no rural, promover a defensa dos recursos naturais, e fomentar a incorporación das enerxías renovables.

IMG_20160712_130448 (1).jpg

Obxecto do proxecto

VENTONOSO a través dun convenio plurianual coa Deputación de Lugo está a desenvolver un programa de asesoramento a propietario afectados e poboación en xeral nos concellos rurais da provincia de Lugo, na implantación de parques eólicos.

Hai unha necesidade de coñecer a importancia do desenvolvemento eólico, os seus principais impactos no medio natural e socioeconómico das zonas onde se implantan, as vantaxes e inconvintes deste tipo de enerxías con respecto das enerxías baseadas en combustibles fósiles. Igualmente, dado que calquera cidadán pode presentar alegacións aos proxectos eólicos, é importante que estean informados sobre os parques que poidan afectar no ámbito dos seus concellos, e os prazos e procedementos para presentar as alegacións.

Actividades

  • Charlas informativas en parroquias e concellos afectados por parques eólicos co obxectivo de dar a coñecer o marco actual de desenvolvemento da enerxía eólica, principais afeccións e impactos para a poboación.

  • Charlas informativas para propietarios afectados dos parques eólicos, con información específica sobre procesos de negociación coas empresas promotoras, prezos medios ofertados por zonas por diversas promotoras eólicas, e sobre o procedemento de expropiación.

  • Asesoramento para a presentación de alegacións nos procedementos de exposición pública de impacto ambiental e no plan sectorial dos parques.

  • Asesoramento técnico-xurídico dirixido a particulares e entidades veciñais directamente afectadas pola instalación do parque e os seus elementos auxiliares.

  • Xestión documental e informativa na páxina web de Ventonoso sobre o desenvolvemento dos parques eólicos proxectados na provincia de Lugo.

  • Reunións formativas e informativas dirixidas a colectivos veciñais con información xeral sobre os parques eólicos.

turbinas de viento

Con respecto dos propietarios de terreos afectados por proxectos eólicos, as necesidades de información a cubrir teñen que ver con temas como:

 

  • Marco de adxudicación da potencia eólica en España. Réxime de poxas.

  • Parques eólicos de iniciativa estatal e autonómica.

  • Procedementos administrativos na tramitación de parques.

  • Lexislación eólica e Plan Sectorial eólico.

  • Impostos e taxas municipais aplicables aos proxectos eólicos.

  • Canon eólico e Fondo de Compensación Medioambiental.

  • Impactos dos parques eólicos.

  • Utilidade Pública dos proxectos eólicos e procedementos de expropiación.

  • Procedementos de negociación coas empresas.

  • Coñecemento de prezos de referencia sobre alquileres ou compra de terreos.

  • Información sobre contratos ofrecidos polas empresas.

  • Defensa da propiedade en negociación coas empresas ou nos procedementos expropiatorios.

  • Información sobre o procedemento de expropiación dos terreos, en caso de non chegar a un acordo coas empresas.

O proxecto dará comezo no ano 2023 e rematará o 31 de outubro do 2026

bottom of page