top of page

SOLOS VIVOS: 
coidado e conservación dos solos
na provincia da Coruña

Introdución

O proxecto "Solos Vivo: Conservación e Recuperación dos Solos" aborda a problemática global da degradación do solo, destacando a súa relevancia como recurso vital para a vida, que moitas veces é subestimado fronte a outros recursos como a auga e o aire. A sobreexplotación e contaminación dos solos ameazan a súa capacidade produtiva e contribúen á crise ambiental actual. A necesidade de adoptar boas prácticas de coidado e conservación dos solos é crucial para preservar este recurso vital.

A provincia da Coruña con extensas terras agrícolas, tamén se enfronta aos desafíos da intensificación do uso do solo, a súa contaminación e perda de biodiversidade. A implementación de boas prácticas non só protexe o medio ambiente, senón que tamén fortalece a produción de alimentos e a seguridade hídrica e alimentaria. A iniciativa busca sensibilizar agricultores/as, gandeiros/as e poboación en xeral sobre a importancia estratéxica dos solos.

O proxecto inclúe actividades como a creación dunha guía informativa e carteis divulgativos para concienciar sobre a correcta xestión dos solos. Ademais, establecerase unha rede de asesoramento en varias modalidades para ofrecer información personalizada. As xornadas de sensibilización e a campaña en redes sociais e web complementan estas accións, promovendo a participación cidadá e o compromiso social coa conservación e protección do medio ambiente e fomentando prácticas sostibles na provincia.

Actividades

  • Guía de boas prácticas “Solos vivos: conservación e recuperación dos solos”: dar a coñecer a importancia do solo como recurso natural, a problemática existente co seu inadecuado uso así como técnicas, prácticas e procedementos para a correcta xestión so solos a través da elaboración dunha guía de boas prácticas. A guía estará dispoñible na páxina web do proxecto en formato PDF.

  • Cartel divulgativo: informar e divulgar de forma clara e visual sobre boas prácticas e técnicas para o correcto coidado e conservación dos solos promovendo o compromiso social co medio ambiente. Repartíranse 3.000 carteis ao longo da provincia da Coruña a través da rede de asesoramento en modalidade presencial do proxecto.

  • Rede de asesoramento “Solos vivos: coidado e conservación dos solos”: Proporcionar asesoramento personalizado que fomente o compromiso e protección do medio ambiente a través da implantación de boas prácticas e técnicas de conservación dos solos. Realizaranse un mínimo de 1000 asesorías en tres posibles modalidades: online, telefónica e presencial.

  • Xornadas de sensibilización “Solos vivos: coidado e conservación dos solos”: sensibilizar e concienciar sobre a importancia do solo como un recurso natural de vital importancia para a vida e a conservación do medio ambiente, así como dar a coñecer boas prácticas e técnica de coidado e conservación dos solos de maneira didáctica a través dunha presentación Power Point. Levaranse a cabo 12 xornadas de sensibilización en modalidade online cunha participación media de 15 persoas por xornada.

  • Campaña de comunicación en redes sociais e web: comunicar e difundir entre a sociedade o proxecto, as súas actividades e materiais así como boas prácticas e técnicas de coidado e conservación dos solos a través da web e o Facebook de VENTO NOSO.

Rede de asesoramento 

Obxectivo: 

Proporcionar información e asesoramento personalizado sobre o coidado e conservación dos solos, así como concienciar sobre a súa importancia como recurso natural e a problemática que ameaza a súa conservación e a das funcións ecosistémicas asociadas.

Metodoloxía:

A rede de asesoramento estará formada por asesores con amplo coñecemento na materia, de modo individual e personalizado para aqueles interesados que así o soliciten de forma totalmente gratuíta.

Modalidade:

Establecerase unha rede de asesoramento en tres modalidades:

  • En liña, vía correo-e: asociacionventonoso@gmail.com

  • Telefónica: 981 530 500.

  • Presencial: nas oficinas de Vento Noso da provincia da Coruña

Oficinas con punto informativo de coidado e conservación dos solos:

  • Arzúa – Avda. de Lugo, nº 40 1º F.

  • Carballo – Rúa Vázquez de Parga nº4, 1º

  • Melide –  Gaiteiros Garceiras nº3 1º.

  • Muxía – Rúa Eduardo Pondal 6º baixo.

  • Ordes – Rúa Campomaior, nº 7 baixo.

  • Ortigueira – Rúa Penela, nº 36 baixo.

  • Santa Comba -  Avda. Mourelle nº1 5º baixo.

  • Santiago de Compostela – Rúa  Doutor Maceira nº13 baixo.

  • Teixeiro – Rúa Ramón Espiñeira, nº 12.

  • Vimianzo – Rúa Álvaro Cunqueiro, nº 8 baixo.

pastilla depu coruña.jpg
bottom of page