top of page

A asociación

VENTO NOSO é unha asociación constituída para a promoción das Enerxías Renovables, a conservación dos recursos naturais e do medio ambiente, e a defensa dos intereses e dereitos das persoas propietarias de terreos afectados pola instalación de parques e infraestruturas eólicas e outras instalación de Enerxías Renovables.

É unha asociación sen ánimo de lucro, creada no 2006 e que ten o seu ámbito de actuación na Comunidade de Galicia. Os órganos de goberno están compostos pola Asemblea Xeral e a súa Xunta Directiva. A Asemblea Xeral é o órgano soberano da Asociación e está composta por todos os asociados. Pola súa banda, a Xunta Directiva é a responsable da administración e representación da asociación.

VENTO NOSO levou a cabo proxectos relacionados coa sensibilización ambiental contra o cambio climático, así como proxectos para promover o aforro de enerxía, a eficiencia e o autoconsumo a través de enerxías renovables dentro do novo contexto normativo fronte á descarbonización.

bottom of page